Hoxe 4 de Xuño, Alberto P. e Alberto Z. recolleron os certificados cas súas carpetas que acreditan 450 horas de prácticas en empresas, módulo FCT. Xa os ficharon para traballar no vran nos mesmos talleres onde fixeron as prácticas.
Moi ben por eles! foron uns bos alumnos, que lembraremos os profes do 1º de Marzo de Baiona.
Facendo deporte viñeron dende Nigrán en bici a Virxe da Rocha a recolle las notas. Deséxovos sorte.
